Vistas de página la semana pasada

CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

OLA!!! QUE TAL ESTADES?

Nós, con moitísimas ganas de vervos. Espero que durante estes días de cuarentena estudiedes moito, pero tamén quero que xoguedes, por iso vos deixo abaixo enlaces para aprender xogando. Igualmente, como sei que vos encantan as mandalas, no apartado MOMENTOS DE RELAXACIÓN, tedes unha variedade de mandalas. 
Un abrazo.
Laura.



Dende Pedagoxía Terapéutica, propoñemos os seguintes enlaces para xogar á vez que entrenamos concentración, atención, etc. solo temos que elixir o curso de 4º e seleccionar o que queremos traballar, se lingua, matemáticas... etc.

https://www.cokitos.com/category/juegos-para-ninos-de-9-anos/
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos
https://www.aulapt.org/category/areas-curriculares/
http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/castellano/


¿QUE TAL SE AS ÚLTIMAS SEMANAS DE ABRIL 
TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS?

Esta curtametraxe que presentamos trata acerca da resolución de conflictos. Moitas veces estamos tan pendentes de ser mellor que os demais que nos esquecemos de que debemos de intentar superarnos cada día a nós mesmos. Esperamos que vos guste:

https://www.youtube.com/watch?v=2zmlsheuFOs

Tamén é interesante o seguinte video acerca do traballo en grupo, que tedes demostrado que sodes especialistas nel.  A vosa clase é un equipo no que cada un sodes imprescindibles!

https://www.youtube.com/watch?v=nYhliYnTIUo

Para o traballo en equipo é fundamental a empatía, a capacidade de poñernos no lugar dos demais, que mellor que este video para o seu traballo:

https://www.youtube.com/watch?v=4Hgmfkg-UTk


Para o traballo diario na aula e cos compañeiros/as é fundamental resolver conflictos, negociar socucións e saber traballar en equipo:
https://www.youtube.com/watch?v=x8-fhXlI8Z0

Por último, presentamos un video acerca do traballo das emocións, que de seguro que nos fai reflexionar:

https://www.youtube.com/watch?v=L5OSKf74dss



É O MOMENTO DE PENSAR NOS DEMAIS:

Consideramos que nestes momentos, mentras non podemos volver ás aulas e  nos que moitas persoas se encontran illadas nun hospital, é importante a labor altruísta de moita xente que, con pequenas accións poden lograr grandes cousas.


¿Que vos parece se lle mandamos unha mensaxe de ánimo a aquelas persoas que están no hospital con COVID-19?

Propoñemos a escrita de cartas para estas persoas que o están pasando realmente mal,  non é preciso que poñedes nome, só unhas palabras de esperanza e ánimo que enviaredes a través do seguinte mail:

cartas.venceremos.covid19@gmail.com



LENGUA CASTELLANA REPASO

http://www.todoinclusion.com/Lengua-E-Primaria-Material/

LECTOESCRITURA + GRAFOMOTRICIDADE (escoller o curso)

http://www.todoinclusion.com/Lectoescrit-y-Grafomo-Material/




Ola rapazada!!!!!

Se queredes repasar algunha cousiña aquí tedes algún material de repaso.


  • MATEMÁTICAS

Te acordas das táboas fai CLICK nos seguintes enlaces e inteta facer os diferentes quebracabezas das táboas:


Táboa do dous                                      Táboa do seis
Táboa do tres                                        Táboa do sete
Táboa do tres                                        Táboa do oito
Táboa do cuatro                                    Táboa do nove
Táboa do cinco

  • LINGUA CASTELÁ


Algo sobre a lingua castelá: Os recordades das palabras chamadas dereminantes? Mirade o seguinte vídeo  con moita atención...xa que teredes que contestar  a unhas preguntiñas moi sinxeliñas:


.

Para traballar a compresión lectora temos  a biografía da primeira muller científica

Compresión lectora, an interactive worksheet by franek2020 
liveworksheets.com

  • SOCIAIS


Para repasar Ciencias Sociais :O sistema  solar ten oito  planetas que orbitan arredor do Sol que é unha estrela. A Lúa é un satélite da terra. Neste  exercicio tedes que escribir o nome de cada planeta  e do Sol no seu correspondente lugar.



O sistema solar, an interactive worksheet by Piriquitera
liveworksheets.com










VAMOS A APRENDER XOGANDO.... O MAPA POLÍTICO DE ESPAÑA:
 
Para repasar o aprendido durante o curso, podedes realizar xogos a partir destes dous enlaces:
 https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a


https://online.seterra.com/es/vgp/3240

  • COMO LEVADES O ESTADO DE ALARMA? 
 Agardo que agora que podemos saír a pasear e ver ós nosos seres queridos e amigos dentro da mesma provincia, faga máis levadeiro estas semanas.
Escribídeme contándome como levades  estes meses, que é o que máis vos gustaría facer cando remate o confinamento e tamén que foi o que menos vos gustou de tantos días encerrados na casa, como vos sentíchedes e que foi o que máis botáchedes de menos.

Cando o teñades escrito, mandade foto ou correo á seguinte dirección:

laura.garcia.fernandez@edu.xunta.gal



  • BENVIDO XUÑO!!!

 MONSTERBOX
 Deixámosvos un video que seguro que vos vai encantar. Trata sobre a amizade, o saber comprender a un amigo sabendo que comete erros e que deles se pode aprender.


 https://www.youtube.com/watch?v=OczEHXRU9WU


 Medo ó cambio....

O seguinte video é moi axeitado para o noso día a día, pois... a quen non lle da un pouco de medo a situación que estamos a vivir...  este corto vainos axudar a levar mellor os cambios.

https://www.youtube.com/watch?v=uzEb70MmBwI

https://www.youtube.com/watch?v=lgRWLuXOT1Y&list=PLr9uLO6EONT7cYXuZNH3q42sZ3OVjfz-o&index=59 

Outros cortos de interese que recomendamos:

 https://www.youtube.com/watch?v=1nWWC7K0Ckg&list=PLr9uLO6EONT7cYXuZNH3q42sZ3OVjfz-o


https://www.youtube.com/watch?v=rV8E0vs_npk&list=PLr9uLO6EONT7cYXuZNH3q42sZ3OVjfz-o&index=10 


https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/cortometrajes-inteligencia-emocional/





CHEGOU A HORA DAS DESPEDIDAS...

 O CURSO ESTÁ CHEGANDO Ó SEU FIN, E SÓ PODEMOS DARVOS AS GRAZAS,  EN PRIMEIRO LUGAR, OS NENOS E NENAS, QUE UNHA VEZ MÁIS NOS ENSINARON QUE PODEN CON TODO E SEN PERDER O SORRISO E EN SEGUNDO LUGAR A VÓS, FAMILIAS, GRAZAS POR TODO O VOSO ESFORZO E COLABORACIÓN, POR LEVAR UN CURSO 2019-2020 ATÍPICO  DA MELLOR MANEIRA POSIBLE, SEN RENDIRVOS E COMO AUTÉNTICOS MESTRES E MESTRAS. GRAZAS!!!!

DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES DESTES MESES Ó AIRE LIBRE, XOGUEDES E VOS DIVIRTADES TODO O POSIBLE PARA REGRESAR COAS PILAS BEN CARGADAS. RECORDADE TER TEMPO PARA LER UN BO CONTO E TAMÉN PARA ABURRIRVOS.

MANDÁMOSVOS MILES DE BICOS E ABRAZOS!











  





 


No hay comentarios: