Vistas de página la semana pasada

sábado, 28 de marzo de 2020

FINALIDADE DE "CREANDO IDEAS DIVERTIDAS"




En primeiro lugar, permitídenos presentarnos, somos os/as mestres/as de Pedagoxía Terapéutica  e Audición e Linguaxe.
Este Blog créase coa finalidade 
de que todo o alumnado que dispoña de rede se conecte e poida aprender xogando e da mellor maneira posible.

Así pois, damos comezo a unha formación virtual cun banco de recursos e pautas para o traballo de contidos variados dendecasas, tedes na marxe dereita os cursos e materiais variados. Semanalmente poñeremos nova información ó lado dunha imaxe indicando que é nova para que sigades o fío.

Hai algúns documentos en PDF e requiren que se nos pida acceso para poder velos e imprimilos. Son tres pasos moi sinxelos a seguir:
1. Solicitar acceso.
2. Ir ó correo de gmail. Nese correo estará xa o documento pdf listo para ver ou imprimir.
3. Cada vez que accedas ó blogue xa aparece o documento, non é preciso volver a pedir acceso para velo de novo.


  • PAUTAS  E RECURSOS VARIADOS 

Adxuntamos todas as pautas, establecemento de rutinas e demais recursos que anteriormente se propuxeron  para traballar nas  vosas casas dende a web do CEIP Bergantiños:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbergantinhos/aulavirtual2/mod/folder/view.php?id=1765


  • DIPLOMAS BEN MERECIDOS...


Ademais, adxuntamos diplomas para os nosos peques como heroes e superheroinas  polo seu comportamento exemplar durante esta longa cuarentena.

https://www.imageneseducativas.com/diploma-super-campeon-y-super-campeona-especial-cuarentena/




  • ¿COMO EXPLICAMOS ÓS NENOS E NENAS O COVID 19?

Con este video e xogo, seguro que será máis doado:

https://www.youtube.com/watch?v=XnIo0uRgKSQ


  • POR FIN SAÍMOS A PASEAR!!!


Dende o concello de Carballo tamén nos presentan un conto con papiroflexia acerca do COVID 19 e das medidas a tomar agora que podemos saír 1 hora, botádelle un ollo!

https://www.facebook.com/concellodecarballo/videos/524330941592251/



  • ESCAPE ROOM EN FAMILIA





17 DE MAIO DE 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 



Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a

 Ricardo Carvalho Calero

Para saber máis acerca deste escritor, propoñémosvos que aprendades cos BOLECHAS a través da obra Scorpio:

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero





GRAZAS FAMILIAS!


A familia apóianos nas dificultades,
suma nas vitorias e
loita nas adversidades.



Grazas polo enorme esforzo que estades a realizar nesta etapa que nos toca vivir, onde hai que loitar un pouco máis do que xa viñades facendo.


Moito ánimo e todo vai saír ben!





ESTADES LISTOS?.... DESPEGAMOS!!!